Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago nace en 1992 da necesidade de asesorar no campo científico e cultural a Consellería de Cultura de cara ao Ano Santo Compostelán de 1993.
O criterio fundamental que se seguiu para a súa formación foi o de elixir os investigadores máis recoñecidos internacionalmente sobre temática compostelá, algúns deles estreitamente ligados ao mundo xacobeo das asociacións de peregrinos; de feito, nomeáronse varios presidentes de centros de estudos ou asociacións nacionais que se dedicaban a este tema.
A función esencial do Comité é a de asesorar á Xunta de Galicia sobre todos os temas relacionados co Camiño de Santiago: itinerarios, publicacións, centros de estudos, congresos, exposicións, revistas.
Entre as actividades realizadas polo comité durante estes anos pódense destacar as seguintes:
- A súa función ao servizo da Xunta de Galicia, asesorándoa sobre todos os temas relacionados co Camiño de Santiago: itinerarios, publicacións, centros de estudos, congresos, exposicións, revistas...
- A edición de decenas de publicacións científicas na Colección Científica da Xunta de Galicia.
- A dirección e organización de 8 congresos internacionais.
- A creación de novos proxectos e liñas de investigación que se adaptan ás novas tecnoloxías e á necesidade de estar cada vez máis presentes na rede.
- A publicación da revista de investigación xacobea Ad Limina, con carácter multidisciplinar e multilingüe, editada desde 2010 pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (desde 2016, coeditada por Turismo de Galicia).
- O traballo de produción de coñecemento e promoción cultural do máximo nivel que os seus membros desenvolveron nos seus respectivos países, difundindo as publicacións científicas da Xunta, dirixindo revistas, teses e investigacións sobre o fenómeno xacobeo no seu territorio e idioma, etc.
- A creación e mantemento de centros de estudos xacobeos no estranxeiro, como o Centre d´Etudes Compostellanes de París e o Centro Italiano dei Studi Compostellani dei Perugia.
O Comité está formado actualmente polos seguintes membros: