Representación da empanada en pedra, no Pazo de Xelmírez (século XII)
Cousas do padal
A vitalidade de Santiago como destino gastronómico é enorme. A proba é o seu xenuíno Mercado de Abastos, o segundo espazo máis visitado da cidade, despois da catedral. Toda Compostela convida a petiscar e ao relax nas súas terrazas, tabernas ou restaurantes.

Os grelos das terras de Ordes ou Oroso. As froitas e as verduras do Val de Amaía e do Ulla. Os pementos de Herbón, en Padrón. A repostería con receitas a base de améndoas (como a torta de Santiago) e xemas, moitas chegadas a Compostela da man das ordes relixiosas… Queixos da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e das comarcas veciñas. Aromáticos pans elaborados en forno de leña. Empanadas… Carnes, peixes e mariscos, co polbo como principal reclamo. Todos os produtos que configuran a “dieta” de Compostela están expostos ante os nosos ollos no Mercado de Abastos.
Ao redor do Mercado de Abastos (zona de Santo Agostiño e lindeiros) foron florecendo negocios de restauración nos que se pode degustar o mellor da gastronomía local. Este novo territorio culinario sumouse aos tradicionais viños e tapas das rúas do Franco e da Raíña, ou do barrio de San Pedro.
Situado nun edificio orixinario de mediados do século XIX, é un dos sinais de identidade da cidade. Trátase dun dos mercados máis activos de Galicia e o segundo espazo máis visitado de Santiago, despois da catedral. A visita é obrigada e pódese facer calquera día pola mañá, especialmente os sábados (o día grande) e os xoves. Produtos frescos, artesanía e locais de restauración, onde podemos degustar directamente o que adquirimos, son os seus grandes reclamos.
A situación xeográfica de Santiago, entre a costa e o interior, converteu a cidade nun punto de confluencia de produtos e tradicións gastronómicas de toda Galicia. A historia culinaria de Compostela remóntase ás propias orixes do Camiño de Santiago. No pazo de Xelmírez (praza do Obradoiro) está tallada en pedra a primeira referencia: no Salón de Cerimonias ou Comedor deste magno espazo pódese ver un dos personaxes portando nada menos ca unha empanada. Estamos en pleno século XIII.
Ao redor do Mercado de Abastos (zona de Santo Agostiño e lindeiros) foron florecendo negocios de restauración nos que se pode degustar o mellor da gastronomía local. Este novo territorio culinario súmase aos tradicionais viños e tapas das rúas do Franco e da Raíña, ou do barrio de San Pedro.
Pero hoxe todo o centro histórico convida a descubrir tabernas, polbeiras ou restaurantes. Como tamén será unha sorpresa para o visitante a zona nova da cidade, coñecida como Ensanche, ou os barrios de Santa Marta, Conxo, Vidán ou San Lázaro, que ofrecen unha variada oferta gastronómica, apta para todos os petos.
E na sobremesa pode saborearse un café nalgún dos históricos establecementos. Citemos tres dos emblemáticos: o Café Derby (1929), na Praza de Galicia; o Café Casino (1873), na Rúa do Vilar e o Café Venecia (1962), na Rúa do Hórreo.
- Praza de Abastos. Un grande espectáculo PDF / 1325 KB
- Guía gastronómica de Santiago PDF / 11420 KB
- Guía de compras de Santiago PDF / 7429 KB