Un adestramento previo e unha planificación personalizada son fundamentais na preparación. Quentar e estirar os músculos durante o camiño evitará lesións.
Se optamos por facer o camiño a pé, debemos adestrar con etapas de entre 23 e 30 km. O calzado ha de suxeitar ben o nocello, e a mochila adaptarase ao contorno das costas. Xeonllos, tendóns e pés serán os nosos puntos débiles.
Debemos coidar os pés cunha crema antifatiga, levar calcetíns de algodón e sen costuras, e o calzado ha de estar xa adaptado. A mochila deber ser lixeira e ha de incluír unha pequena caixa de primeiros auxilios. As comidas serán pouco copiosas e os descansos, breves e periódicos.
As paradas axudan a despexarnos mentalmente e facilitan a relaxación. Se chegamos a esgotarnos, tardaremos máis en recuperarnos e farémolo con maior dificultade.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.