Vía da Prata ou Camiño Mozárabe

Etapa: Vilar de Barrio - Ourense (por Laza)

  • Lonxitude 25,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 50min
  • Escoita o percorrido da etapa

A ruta segue ata Bobadela e Cima de Vila, antes de entrar en Xunqueira de Ambía, importante centro espiritual en tempos medievais.

Vilar de Barrio- Padroso

  • Lonxitude 9,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 55min

O camiño continúa ata Vilar de Gomareite. Desde aquí leva o nome de Verea de Santiago. É cómodo, ancho, e combina o pavimento de pedra con zonas ás veces alagadas no inverno e na primavera. A ruta segue ata Bobadela e Cima de Vila, antes de entrar en Xunqueira de Ambía, importante centro espiritual en tempos medievais.

Vilar de Barrio - Padroso

Padroso- Xunqueira de Ambía

  • Lonxitude 4,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 05min

Alcanzamos o municipio de Xunqueira de Ambía. Pasamos pola parroquia de Sobradelo e cruzamos a Vía Romana XVIII ou Vía Nova, que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), e na que hoxe sorprenden os miliarios romanos conservados, que sinalizaban a distancia en millas romanas (1 milla = 1.480 metros).

Padroso - Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía- Ourense

  • Lonxitude 11,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 50min

Despois alcanzamos, entre outros, San Xillao, Vilanova e Os Casares. Neste punto, moitos peregrinos desviábanse ao santuario de Santa Mariña de Augasantas. A continuación, chegamos ao lugar de Gaspar (Baños de Molgas) e Paderne de Allariz, ata o municipio de Taboadela e San Cibrao das Viñas, cuxo parque empresarial é punteiro en tecnoloxía.

A cidade de Ourense espéranos con todos os seus atractivos: a catedral preside o seu conxunto histórico-artístico; a urbe, capital do termalismo, destaca ademais polas súas paisaxes naturais bañadas polo Miño e pola súa rica gastronomía.

Xunqueira de Ambía - Ourense