Etapa A Canda - A Gudiña
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: A Canda - A Gudiña
A Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda, no municipio da Mezquita.
A Canda - A Vilavella
A Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda (1.262 m), no municipio da Mezquita. Este concello é un histórico nexo entre as xentes de Castela, Galicia e Portugal. Terra de paso de peregrinos, pero tamén de segadores, e de arrieiros, tratantes e viaxeiros chegados aquí polos máis diversos motivos.
O Camiño continúa ata o lugar da Canda e chega despois á Vilavella, cuxa igrexa está dedicada a santa María da Cabeza.
A Canda - A Vilavella
A Vilavella - O Pereiro
No descenso pasaremos por unha ponte sobre o regato da Veiga do Pontón, e por vellos camiños empedrados, acubillados por centenarios valados ou muros de pedra. Chegaremos ata O Pereiro, topónimo que lles dá nome a un río e a unha localidade.
Estamos en zona de grandes canteiros, arte expresada na xenuína arquitectura popular e relixiosa. Máis adiante entramos no Canizo, parroquia do concello da Gudiña, que atravesamos para saírmos ata a N-525 e chegar ao alto do Canizo (1.067 m).