Etapa Ourense - Cea
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Ourense - Cea
A ponte romana de Ourense é un magnífico inicio de etapa. Desde aquí, hai dúas posibilidades de saída da cidade, unha pola Costiña de Canedo e outra por Cudeiro.
Ourense- Tamallancos
A primeira —Costiña de Canedo— segue a dirección do río Miño pola súa marxe dereita (estrada N-120) e continúa ata Quintela, Liñares, Cimadevila, Mandrás e Pulledo.
A segunda ascende ata a aldea de Cudeiro, nun fermoso alto, con boas vistas, e con tramos de Camiño Real que manteñen un xenuíno e antigo empedrado. Axiña alcanzamos Sartédigos, con tramos de asfalto e casas diseminadas, e Tamallancos (municipio de Vilamarín). No lugar de Sobreira hai un desvío que conduce ao pazo-castelo de Vilamarín.
Ourense - Tamallancos
Tamallancos- A Casanova
En Ponte Sobreira cruzamos o río Barbantiño por unha preciosa e histórica ponte de pedra e entramos en Faramontaos, xa no municipio de Cea, Biduedo e A Casanova, onde ambos os itinerarios se unen, sempre ao pé da N-525.
Na Casanova recíbenos un decorado con fonte, bordón e cabaza.