Variante Monterrei, Allariz - Ourense
Vía da Prata
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Allariz - Ourense (por Verín)
Entre Allariz e a cidade de Ourense, o peregrino cruza pequenas aldeas con casas de extraordinaria cantería e beleza, aínda que moitas delas están abandonadas.
Allariz- Santa Mariña de Augas Santas
Despois de Allariz, o peregrino continúa ata A Frieira, cruza a parroquia de Santiago de Folgoso e pasa por Roiriz de Abaixo, Roiriz de Arriba, Rubiás, Espiñeiros, Turzas e A Vila. Pequenas aldeas de extraordinaria cantería nas súas casas, aínda que moitas delas están abandonadas.
Allariz - Santa Mariña de Augas Santas
Santa Mariña de Augas Santas- Pereiras
Entramos na área de Santa Mariña de Augas Santas, interesante conxunto relixioso, etnográfico e arqueolóxico, e popular santuario. Santa Mariña foi unha mártir da época romana cunha vida na que se mestura a lenda, a tradición e a haxiografía, e un culto antiquísimo que chegou ata hoxe. O itinerario continúa polo municipio de Taboadela, cruza a parroquia de Santiago da Rabeda e segue ata Pereiras.