COLEGIATA DE SANTA MARÍA DE XUNQUEIRA DE AMBÍA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Xunqueira de Ambía
Praza San Rosendo s/n
32670 Xunqueira de Ambía - Ourense
Coordenadas: 42º 12' 15.4" N - 7º 44' 06.4" W
Descrición
Construción románica da segunda metade do século XII. Planta de cruz latina con 3 naves apuntadas con arcos separados e outra formando o cruceiro. Tres ábsides semicirculares na cabeceira. Teito de madeira nas naves apoiado en arcos tranversais apuntados que arrancan de medias columnas adosadas a piares cadrados, falso triforio sobre columnas xemelgas. A fachada reflicte a estrutura de tres naves por medio de dous contarfortes e con elementos románicos e góticos. Dentro da Colexiata destaca un órgano ibérico de catorce rexistros do ano 1758. Torre de campanario de 1770 de planta cadrada rematada en cúpula con cruz de ferro e escaleira exterior de dous niveis de campás.
Estilos
Estilo arquitectónico: Gótico
Estilo arquitectónico: Románico
Orden Relixiosa
Hoxe sen orde relixiosa
Declaración
Ben de Interese Cultural
Acceso
Está no núcleo da capital municipal.
Camiños de Santiago
Vía da Prata