Etapa Bendoiro-Outeiro
Vía da Prata
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Bendoiro - Outeiro
O río Deza continúa acompañándonos na nosa ruta. O pazo de Oca sorprenderanos polos seus espectaculares xardíns, e a fervenza do río Toxa polos seus máis de 30 metros de caída.
Bendoiro- Silleda
Percorremos os primeiros metros pola estrada N-525. Entramos en Vilasoa e alcanzamos Prado —desde aquí podemos visitar, a través dun desvío, o santuario mariano do Corpiño—. De volta ao camiño, pasamos polo lugar da Borralla e cruzamos máis adiante a xenuína ponte medieval de Taboada sobre o río Deza, afluente do Ulla. Ascendemos ata a parroquia de Taboada e seguidamente á poboación de Trasfontao, ata alcanzar a capital municipal, Silleda.
Bendoiro - Silleda
Silleda- A Bandeira
Silleda é unha destacada localidade do interior da provincia de Pontevedra, coñecida por acoller, no seu enorme pavillón feiral, a Semana Verde de Galicia e a feira internacional do turismo Turisport.
De Silleda, o noso itinerario sae por un camiño de terra á esquerda da N-525. O Foxo e Chapa serán os dous núcleos próximos. Seguimos ata A Bandeira, A Codeseira, Piñeiro e Castrovite (municipio da Estrada).