PONTE VELLA
No Camiño de Santiago
Localización
Avenida das Caldas-Progreso
32001 Ourense - Ourense
Coordenadas: 42º 20' 43.7" N - 7º 52' 07.4" W
Descrición
Esta ponte de orixe romana é un dos fitos históricos da cidade, ligada ás súas orixes. Cando se construíu foi un paso estratéxico, o único en moitos quilómetros para salvar o río Miño. Reconstruída no século XIII (de aí os seus arcos apuntados) e consolidada no século XVII, foi declarada Monumento histórico-artístico no ano 1961, xunto coa próxima Capela dos Remedios. A súa importancia é tal que aparece representada no escudo da cidade. Na actualidade a ponte conserva 7 arcos dos 11 primitivos. Mide 370 metros de longo, con arco central de 43 metros de ancho por 38 de alto sobre o nivel medio das augas. Durante moitos séculos foi coñecida simplemente como a Ponte de Ourense ou Ponte Maior, por contraposición a outras pontes menores. Hoxe conviven as denominacións de Ponte Vella e Ponte Romana.
Acceso
Núcleo urbano.
Camiños de Santiago
Vía da Prata