Baamonde-Sobrado
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Baamonde-Sobrado
Preparémonos para unha etapa especialmente longa, de 40 km. Sáennos ao paso fortalezas como a poderosa San Paio de Narla, e pequenas e xenuínas aldeas, ata culminar no espectacular mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Ademais da ruta que se describe deseguido, desde Baamonde pódese tomar tamén un camiño complementario, máis curto (uns 8 km menos) e cara ao norte, que nos levará en liña recta ata Sobrado. Máis adiante, en Boimil, conflúe co primeiro itinerario, pero volve logo a separarse del, sen pasar por Arzúa. Atravesa Santiso e, nas inmediacións do aeroporto de Santiago, coincide xa co Camiño Francés ata Santiago.
Baamonde- Digañe
Saímos de Baamonde e camiñamos capela de Santo Alberte. Aquí celébrase, cada mes de maio, unha concorrida romaría. San Breixo e Santa Locaia de Parga despiden o municipio de Guitiriz. Avanzamos ata o lugar de Digañe.
Baamonde - Digañe
Digañe- Miraz
Continuamos por San Paio de Seixón, xa no municipio de Friol (seguimos na provincia de Lugo), logo por Ponte Leixosa e chegamos a Santiago de Miraz. Lixeiramente desviada do Camiño, pero nesta mesma parroquia, levántase a poderosa fortaleza de San Paio de Narla, que hoxe alberga a Sección de Etnografía do Museo Provincial de Lugo.