Baamonde-Sobrado
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Baamonde-Sobrado
Preparémonos para unha etapa especialmente longa, de 40 km. Sáennos ao paso fortalezas como a poderosa San Paio de Narla, e pequenas e xenuínas aldeas, ata culminar no espectacular mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Ademais da ruta que se describe deseguido, desde Baamonde pódese tomar tamén un camiño complementario, máis curto (uns 8 km menos) e cara ao norte, que nos levará en liña recta ata Sobrado. Máis adiante, en Boimil, conflúe co primeiro itinerario, pero volve logo a separarse del, sen pasar por Arzúa. Atravesa Santiso e, nas inmediacións do aeroporto de Santiago, coincide xa co Camiño Francés ata Santiago.
Baamonde- Digañe
Saímos de Baamonde e camiñamos capela de Santo Alberte. Aquí celébrase, cada mes de maio, unha concorrida romaría. San Breixo e Santa Locaia de Parga despiden o municipio de Guitiriz. Avanzamos ata o lugar de Digañe.
Baamonde - Digañe
Digañe- Miraz
Continuamos por San Paio de Seixón, xa no municipio de Friol (seguimos na provincia de Lugo), logo por Ponte Leixosa e chegamos a Santiago de Miraz. Lixeiramente desviada do Camiño, pero nesta mesma parroquia, levántase a poderosa fortaleza de San Paio de Narla, que hoxe alberga a Sección de Etnografía do Museo Provincial de Lugo.
Digañe - Miraz
Miraz- A Roxica
En Miraz pódese visitar a igrexa de Santiago. O camiño continúa pola Braña, Portolamas, A Devesa e As Fontes, en San Mamede de Nodar. A aldea seguinte é A Roxica.
Miraz - A Roxica
A Roxica- O Marco das Pías
O Camiño continúa por pequenas aldeas, coma Mantelle, A Cabana, Ledro, A Travesa de Ledro, Pedramaior… No Marco das Pías abandonamos a provincia de Lugo para entrar na da Coruña.
A Roxica - O Marco das Pías
O Marco das Pías- Guitizá
No Marco das Pías termina o municipio de Friol e comeza o de Sobrado. O camiño pasa polos lugares de Vilariño, O Mesón, A Esgueva, Muradelo, Nogueira e, finalmente, a Guitizá, onde se atopa a lagoa artificial de Sobrado.
O Marco das Pías - Guitiza
Guitizá- Sobrado dos Monxes
Continuamos camiño desde Guitizá e chegamos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado, en Sobrado dos Monxes. Espectacular monumento de estilos renacentista e barroco, con estancias medievais como a cociña, a sala capitular e a capela de San Xoán. Fundado en 952 como mosteiro dúplice ou mixto (é dicir, para mulleres e homes), foi un dos grandes centros de poder de Galicia.
En pleno apoxeo das peregrinacións, a mediados do século XII, o mosteiro integrouse na hospitalaria Orde do Císter. Foi o primeiro de España en pertencer a ela. Na actualidade, desenvolve unha importante actividade relixiosa e social, cun especial mimo aos peregrinos.