Arca - Santiago de Compostela
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Arca - Santiago de Compostela
A última etapa do Camiño, xa moi preto da meta. Un percorrido cheo de expectativas, desde O Pedrouzo a Santiago, pasando polo Monte do Gozo.
Arca, O Pino- A Lavacolla
Saímos desde o albergue do Pedrouzo cara á gasolineira da entrada da vila, onde volvemos coller o Camiño.
Cruzamos entón cara ao seguinte lugar, Santo Antón, onde empeza a ascensión ata a entrada ao municipio santiagués. O Amenal, Cimadevila e San Paio serán os núcleos seguintes.
Arca (O Pino) - A Lavacolla
A Lavacolla- Monte do Gozo
Ascendemos ata o núcleo da Lavacolla, nas inmediacións do aeroporto internacional de Santiago. Aquí, os peregrinos tiñan por costume lavar o corpo enteiro no regato que pasa polo lugar. De feito, a etimoloxía do topónimo derivaría de Lava colea, en desenfadada referencia á hixiene dos xenitais.
Moi preto atópase o Monte do Gozo (380 m), unha pequena elevación desde a que os peregrinos gozaban, por vez primeira, dunha afastada visión da catedral. Entre estes, o primeiro que acade a súa cima é proclamado “rei da peregrinación”. En 1993 construíuse aquí un grande albergue para peregrinos.
A Lavacolla - Monte do Gozo
Monte do Gozo- Santiago
Restan 5 km en descenso. O Camiño entra na cidade polo barrio de San Lázaro e deixa á esquerda o barrio das Fontiñas (nas inmediacións, ampla oferta de restauración e servizos). Máis adiante sitúase a rúa dos Concheiros, antigo barrio gremial dos artesáns que comerciaban con cunchas de vieira.
A ruta baixa pola Rúa de San Pedro ata a Porta do Camiño, e continúa, xa no seu último tramo, por rúas peonís e prazas como Casas Reais, Praza de Cervantes e Acibechería, por onde accederemos á basílica. En ano santo, un acceso alternativo pode ser a Porta Santa, na Quintana.