Panorámica do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
Camiño de Inverno
- As Médulas
- Puente de Domingo Flórez
- Sobradelo
- O Barco de Valdeorras
- Vilamartín de Valdeorras
- A Rúa
- Os Albaredos
- Montefurado
- Bendilló
- O Soldón
- Quiroga
- Nocedo
- Carballo de Lor
- Castroncelos
- A Pobra do Brollón
- Reigada
- Monforte de Lemos
- Moreda
- O Reguengo
- A Barxa
- Belesar
- Chantada
- Centulle
- A Nosa Señora do Faro
- Río
- Rodeiro
- Penerbosa
- Ponte Pedroso
- Palmaz
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia dende a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido ser unha alternativa na época invernal á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro.
Camiño de Inverno:

Durante un percorrido de algo máis de 200 km, atravesa as catro provincias galegas e históricas comarcas, plenas de personalidade e atractivos, como as de Valdeorras, Ribeira Sacra ou Deza. O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido xurdir como alternativa, na época invernal, á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro, por onde penetra en Galicia o Camiño Francés, e tamén para evitar os desbordamentos frecuentes dos ríos do val do Valcarce.
Arrinca desde Ponferrada, a antesala das terras galegas, na comarca leonesa do Bierzo. Aquí o peregrino desvíase á esquerda, no canto de continuar de fronte polo Camiño Francés. O Camiño de Inverno segue practicamente o curso natural do caudaloso río Sil pola comarca ourensá de Valdeorras. Logo discorre polo sur da provincia de Lugo, continúa pola comarca do Deza (Pontevedra), ata chegar a Compostela. En total, algo menos de 250 quilómetros polas catro provincias galegas.
Trazado da ruta e recursos de interese
O Camiño de Inverno segue practicamente o curso natural do caudaloso río Sil pola comarca ourensá de Valdeorras e o sur da Ribeira Sacra, ata as terras do Deza, centro xeográfico de Galicia. En total, uns 240 quilómetros que atravesan as catro provincias galegas.
Os historiadores sitúan a orixe desta ruta na época romana. Está documentada unha calzada secundaria que partía das explotacións de ouro das Médulas cara á Vía XVIII, que pasaba pola comarca de Valdeorras, e por onde se evacuaban os xacementos auríferos. O túnel romano de Montefurado é hoxe proba diso.
A ruta foi seguida por diferentes pobos ao longo da historia. Tamén lles serviu de entrada, a comezos do século XIX, ás tropas invasoras de Napoleón. E por ela construíuse, en 1883, o primeiro trazado do ferrocarril que comunicaría Galicia co resto da Península.
O Camiño de Inverno atrae por múltiples razóns. Parte das Médulas son Patrimonio da Humanidade. Atravesa comarcas como a de Valdeorras ou parte da Ribeira Sacra, territorios de excelentes viños, cultivados moitas veces en paisaxes inverosímiles, e zonas onde o románico se multiplicou en igrexas e mosteiros. En 2003, a Ribeira Sacra foi incorporada polo Consello de Europa aos seus Itinerarios de Interese.
Visita o rico patrimonio monumental de Monforte de Lemos, ou as adegas e a arquitectura tradicional de Chantada. Sobe ata o alto do Faro, desde onde se divisan paisaxes das catro provincias galegas.
En Lalín conflúe coa Vía da Prata, para continuaren xuntos ata Compostela. En total, nove etapas onde o acougo que preside esta ruta alternativa, pouco transitada, é un dos seus principais alicientes.
- Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
- Paseando entre viñedos pola D. O. Valdeorras
- Viños con Denominación de Orixe Valdeorras
- Ruta do Viño de Valdeorras
- Qué visitar no Barco de Valdeorras
- Ruta do Courel
- Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
- Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte
- Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra
- Cidade da Cultura de Galicia
- Fisioterapia no Camiño PDF / 1323 KB
- Arquivo KML da ruta KMZ / 44 KB
- Guía de consellos do Camiño de Santiago (en castelán) PDF / 801 KB
- Concello de Ponferrada (León)
- Concello de Rubiá
- Concello de Carballeda de Valdeorras
- Concello do Barco de Valdeorras
- Concello de Vilamartín de Valdeorras
- Concello da Rúa
- Concello de Quiroga
- Concello da Pobra do Brollón
- Concello de Monforte de Lemos
- Concello de Pantón
- Concello do Saviñao
- Concello de Chantada
- Concello de Rodeiro
- Concello de Lalín
- Concello de Silleda
- Concello da Estrada
- Concello de Vedra
- Concello de Boqueixón
- Concello de Santiago de Compostela