Camiño de Inverno

Etapa: Quiroga-Monforte de Lemos

  • Lonxitude 36,5 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 7h 20min
  • Escoita o percorrido da etapa

O río Lor, que baixa cristalino desde a Serra do Courel, regálanos o seu avance serpeante, encaixado no val. Cruzámolo por unha magnífica ponte medieval, ata entrar en Monforte de Lemos. Estamos en plena Ribeira Sacra, arte e natureza nun territorio recoñecido en 2003 polo Consello de Europa como Itinerario de Interese.

Quiroga- Nocedo

  • Lonxitude 4,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 55min

Saímos de Quiroga pola marxe dereita do Sil (pódese ir tamén por San Clodio, Ribas de Sil, e atravesar a ponte máis adiante para volver a esta ruta). Pasamos polo núcleo de Espandariz (estrada N-120) e polo Pontido. Cruzamos San Lourenzo de Nocedo. A ruta continúa por tramos da estrada provincial LU-933.

Nocedo- O Carballo de Lor

  • Lonxitude 9,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 55min

Chegamos á ermida dos Remedios e imos descendendo xunto ao curso do río Lor, a través do núcleo do Carballo de Lor. O río, que baixa cristalino desde a Serra do Courel, regálanos o seu avance serpeante, encaixado no val. Cruzámolo por unha magnífica ponte medieval.

Nocedo - Carballo de Lor

O Carballo de Lor- Castroncelos

  • Lonxitude 7,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 30min

Entramos no municipio da Pobra do Brollón. Pasamos por Barxa de Lor e subimos ata O Castro e A Lama. Á dereita, atopamos os restos da mina de ouro romana do Medo. A continuación, alcanzamos Castroncelos.

O Carballo de Lor - Castroncelos

Castroncelos)- A Pobra do Brollón

  • Lonxitude 2,1 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 25min

Despois chegamos á Pobra do Brollón e atopamos O Brollón, orixe da vila, e as frondosas paisaxes do río Saa.

Castroncelos - A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón- Reigada

  • Lonxitude 7,9 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 35min

Un brusco ascenso ata o Alto da Serra e o monte Moncai lévanos ao municipio de Monforte de Lemos. Pasamos por Reigada —topónimo que fai referencia aos regadíos de toda esta zona— e camiñamos paralelos ao río Seco.

A Pobra do Brollón - Reigada

Reigada- Monforte de Lemos

  • Lonxitude 5 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 00min

Entramos en Monforte de Lemos por Rúa Cruces, este barrio é dos máis antigos de extra muros. Dende alí divísase a fortaleza monfortina coroada polo milenario mosteiro beneditino. Continuamos pola rúa Roberto Baamonde ata chegar á ponte Medieval sobre o río Cabe.

Reigada - Monforte de Lemos