Igrexa abacial de San Lourenzo, en Silleda
Camiño de Inverno
- Las Médulas
- Puente de Domingo Flórez
- Sobradelo
- O Barco de Valdeorras
- Vilamartín de Valdeorras
- A Rúa
- Os Albaredos
- Montefurado
- Bendilló
- O Soldón
- Quiroga
- Nocedo
- O Carballo de Lor
- Castroncelos)
- A Pobra do Brollón
- Reigada
- Monforte de Lemos
- Moreda
- O Reguengo
- A Barxa
- Belesar
- Chantada
- Centulle
- Nosa Señora do Faro
- Río
- Rodeiro
- Penerbosa
- Ponte Pedroso
- Palmaz
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Bendoiro-Outeiro
O río Deza acompáñanos na nosa ruta. O Pazo de Oca sorprenderanos polos seus espectaculares xardíns e a fervenza do río Toxa polos seus máis de 30 metros de caída.
Bendoiro- Silleda
Percorremos os primeiros metros pola estrada N-525. Entramos en Vilasoa e alcanzamos Prado —desde aquí podemos visitar, a través dun desvío, o santuario mariano do Corpiño—. De volta ao camiño, pasamos polo lugar da Borralla e cruzamos máis adiante a xenuína ponte medieval de Taboada sobre o río Deza, afluente do Ulla. Ascendemos ata a parroquia de Taboada e seguidamente á poboación de Trasfontao, ata alcanzar a capital municipal, Silleda.
Bendoiro - Silleda
Silleda- A Bandeira
Silleda é unha destacada localidade do interior da provincia de Pontevedra, coñecida por acoller, no seu enorme pavillón feiral, a Semana Verde de Galicia e a feira internacional do turismo Turisport.
De Silleda, o noso itinerario sae por un camiño de terra á esquerda da N-525. O Foxo e Chapa serán os dous núcleos próximos. Seguimos ata A Bandeira, A Codeseira, Piñeiro e Castrovite (municipio da Estrada).
Silleda - A Bandeira
A Bandeira- Outeiro
Continúa a ruta ata Santa María de Loimil, Os Casares, As Carballas, Santo Estevo de Oca —célebre polo seu pazo, coñecido como o Versalles galego pola espectacularidade dos seus xardíns—, Valboa, Arnois, A Calzada e A Veiga. Entra no municipio de Vedra (e con el na provincia da Coruña) pola Ponte Ulla, e atravesa o leito do río Ulla por unha ponte histórica.