Paisaxe camiño a Santiago
Camiño de Inverno
- As Médulas
- Puente de Domingo Flórez
- Sobradelo
- O Barco de Valdeorras
- Vilamartín de Valdeorras
- A Rúa
- Os Albaredos
- Montefurado
- Bendilló
- O Soldón
- Quiroga
- Nocedo
- O Carballo de Lor
- Castroncelos
- A Pobra do Brollón
- Reigada
- Monforte de Lemos
- Moreda
- O Reguengo
- A Barxa
- Belesar
- Chantada
- Centulle
- A Nosa Señora do Faro
- Río
- Rodeiro
- Penerbosa
- Ponte Pedroso
- Palmaz
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Outeiro-Santiago
Estamos agora no municipio de Boqueixón. Un desvío conduce ao mítico Pico Sacro que, cos seus máis de cincocentos metros de altura, preside as paisaxes da contorna.
Outeiro- Rubial
Imos abandonando o concello de Vedra. Atrás, en San Pedro de Vilanova, moi preto da ruta, quedou a casa dun famoso santiaguista, o historiador Antonio López Ferreiro (1837-1910). Pouco despois pasamos por Rubial.
Outeiro - Rubial
Rubial- Santiago de Compostela
Estamos agora no municipio de Boqueixón. Un desvío conduce ao Pico Sacro que, cos seus máis de cincocentos metros de altura, preside as paisaxes da contorna. Este monte está vinculado á tradición da Translatio do corpo do Apóstolo de Iria Flavia a Compostela. Nas súas ladeiras pacerían os touros bravos que os discípulos de Santiago amansaron para que conducisen o corpo santo ata o seu sepulcro.
Queda atrás Rubial e Deseiro de Arriba, e a ruta chega ao municipio de Santiago a través da localidade da Susana, logo regresa uns metros a Vedra, para entrar xa en Compostela polo barrio do Sar.
Tras pasar a ponte sobre o río Sar hai que facer un último esforzo: a dura subida pola Rúa do Sar e a Rúa do Castrón Douro. Ao culminala, á dereita, pasamos baixo o arco da Porta de Mazarelos, a única porta en pé da antiga muralla medieval. Os últimos pasos darémolos pola Praza da Universidade, Rúa da Caldeirería, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro. A viaxe rematou.