Camiño de Inverno

Etapa: Chantada-Rodeiro

  • Lonxitude 26,2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 6h 15min
  • Escoita o percorrido da etapa

Fermosos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros.

Chantada- Centulle

  • Lonxitude 1,6 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 20min

Saímos de Chantada desde a praza de Santa Ana, subimos pola rúa Uxío Novoneyra e seguimos a estrada LU-P-180. Belos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros. Cruzamos A Lucenza, e logo Vilaseco e Penasillás. Ante nós, o cume do monte Faro.

Centulle- Nosa Señora do Faro

  • Lonxitude 11,7 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 2h 50min

Na subida ao monte (4,8 km de duro ascenso desde Penasillás) pasamos por Chao de Seixas. Un desvío á esquerda lévanos —a través dun via crucis que se coñece como “Camiño da Virxe”— á célebre ermida da Nosa Señora do Faro. Estamos a máis de 1.100 m de altitude. A vista desde aquí é única, pois abrangue paisaxes das catro provincias galegas.

Se queremos evitar a ascensión ao monte Faro, ao chegar a Penasillás temos unha alternativa que pasa por Mouricios e San Vicente. É un camiño máis curto e en inverno evitaremos a neve.

 

Centulle - A Nosa Señora do Faro

Nosa Señora do Faro- Río

  • Lonxitude 10,9 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 2h 35min

Retomamos o Camiño, agora xa en descenso cara á Casa Grande de Camba. Logo continuamos polo val da Ermida ata Río. A compañía do bosque autóctono máis típico de Galicia —carballos, castiñeiros e salgueiros— enriquece o noso peregrinar.

A Nosa Señora do Faro - Río

Río- Rodeiro

  • Lonxitude 2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 30min

Seguimos ata Mouriz, por sendas de pedras, e pronto culminamos esta etapa en Rodeiro, onde nos atopamos coa Casa Consistorial, que foi levantada sobre as ruínas dunha fortaleza. Fronte a ela, unha bela e refrescante fonte de pedra e catro canos.