As paradas para apreciar o ámbito paisaxístico, monumental ou cultural axudarannos a despexar a mente
Esforzo mental
Adestramento da fortaleza mental
As paradas axudan a despexarnos mentalmente e facilitan a relaxación.
Para unha boa preparación mental é importante elaborar unha planificación por etapas adaptada ás nosas capacidades físicas. Esa planificación funcionará como un guión flexible e permitiranos gozar do Camiño, sen obsesionarnos con cubrir etapas ou con alcanzar a meta e chegar a Santiago de Compostela. As paradas para apreciar o ámbito paisaxístico, monumental ou cultural axudarannos a despexar a mente e facilitarán a relaxación, o que nos permitirá intensificar o ritmo na seguinte etapa.
É importante elaborar unha planificación por etapas adaptada ás nosas capacidades físicas, que debe servir como un guión flexible que nos permita gozar do Camiño
Como xestionar a fatiga e o esforzo
Se nos esgotamos, tardaremos máis en recuperarnos e farémolo con maior dificultade.
Non debemos esperar a estar superados polo esforzo ou excesivamente cansos para facer unha parada porque así non favoreceremos a recuperación. Intentaremos levar un ritmo que poidamos asumir e independente do dos demais para evitarmos saturacións. Se nos esgotamos, tardaremos máis en recuperarnos e farémolo con maior dificultade. Camiñar debe converterse en algo natural, que non implique un castigo ou un sobreesforzo corporal. Así, da mesma maneira que dosificamos a intensidade do exercicio, dosificaranse as paradas para facelo máis levadío.
Os períodos curtos de relaxación han de converterse nunha práctica cotiá durante a experiencia no Camiño
Camiñar debe converterse en algo natural, que non implique un castigo ou un sobreesforzo corporal; así, da mesma maneira que dosificamos a intensidade do exercicio, dosificaranse as paradas para facelo máis levadío.
Ás veces, o descanso require non só parar, senón establecer de forma adecuada as horas dedicadas ao sono ou a relaxarnos, tanto a nivel corporal coma mental. Non é bo intentar durmir despois dunha actividade moi acusada ou dunha comida abundante; nestes casos, debe dedicarse un tempo intermedio, duns 20 minutos aproximadamente, para relaxarnos convenientemente e favorecer o sono. Estes períodos curtos de relaxación han de converterse nunha práctica cotiá durante a experiencia no Camiño.
E se ao cabo dos días se nota unha acumulación de cansazo, pode optarse por deixar un día completo de descanso cada semana.
O cansazo e a fatiga variarán tamén dependendo da época do ano en que se realice o Camiño. Ás veces, no verán pode producirse o que se coñece como esgotamento por calor. Nestes casos, debe buscarse un lugar fresco e aumentar a administración de líquido. Beber en abundancia mitigará a fatiga. Un remedio aconsellable é diluír nun litro de auga media cullerada de bicarbonato e unha de sal. Beber auga debe ser algo recorrente, pois evita o cansazo muscular. Se queremos repoñer sales minerais, unha boa opción é optar por bebidas enerxéticas.