Vía da Prata ou Camiño Mozárabe

Etapa: Allariz - Ourense (por Verín)

  • Lonxitude 22,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 10min
  • Escoita o percorrido da etapa

Entre Allariz e a cidade de Ourense, o peregrino cruza pequenas aldeas con casas de extraordinaria cantería e beleza, aínda que moitas delas están abandonadas.

Allariz- Santa Marina de Augas Santas

  • Lonxitude 7,9 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 25min

Despois de Allariz, o peregrino continúa ata A Frieira, cruza a parroquia de Santiago de Folgoso e pasa por Roiriz de Abaixo, Roiriz de Arriba, Rubiás, Espiñeiros, Turzas e A Vila. Pequenas aldeas de extraordinaria cantería nas súas casas, aínda que moitas delas están abandonadas.

Allariz - Santa Mariña de Augas Santas

Santa Marina de Augas Santas- Pereiras

  • Lonxitude 3,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 00min

Entramos na área de Santa Mariña de Augas Santas, interesante conxunto relixioso, etnográfico e arqueolóxico, e popular santuario. Santa Mariña foi unha mártir da época romana cunha vida na que se mestura a lenda, a tradición e a haxiografía, e un culto antiquísimo que chegou ata hoxe. O itinerario continúa polo municipio de Taboadela, cruza a parroquia de Santiago da Rabeda e segue ata Pereiras.

Santa Mariña de Augas Santas - Pereiras

Pereiras- Ourense

  • Lonxitude 10,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 45min

Desde Pereiras (Taboadela) camiñamos polo municipio de San Cibrao das Viñas pasando pola Castellana e A Ponte Noalla. Antes de entrar no núcleo urbano de Ourense, pasamos por San Breixo de Seixalbo. A cidade de Ourense espéranos con todos os seus atractivos: a catedral —un gran templo románico— preside o seu conxunto histórico-artístico; a urbe custodia ademais unha brillante historia cultural, é capital do termalismo, destaca ademais polas súas paisaxes naturais bañadas polo caudaloso río Miño, a ponte romana que o cruza, e a súa riquísima gastronomía.