CATEDRAL - BASÍLICA DE SAN MARTIÑO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Catedral

Localización

Praza do Trigo, s/n

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas: 42º 20' 10.4" N - 7º 51' 46.7" W

Teléfono: +34 988 220 992

Fax: +34 988 220 992

Sitios: http://www.catedralourense.com/


Descrición

Catedral románica de transición (séculos XII e XIII) con notables influencias compostelás e da arte cisterciense.
Planta de cruz latina, con tres naves, cruceiro dunha soa nave e un deambulatorio engadido con posterioridade (século XVII).
Sobre o tramo central do cruceiro elevouse no primeiro terzo do XVI un monumental e espectacular ciborio obra de Rodrigo de Badajoz.
Como espazos sobresaíntes debemos mencionar a capela Maior, a capela do Santo Cristo, o Pórtico do Paraíso e o Museo Catedralicio.
Non obstante toda a catedral merece un paseo, empezando polo deambulatorio, que consta de varias capelas, entre as que cómpre destacar a da Asunción ou dos Argiz, que no seu interior alberga a capela do Cristo dos Desamparados (imaxe románica do 1200); ou a lateral norte, a capela da Virxe das Neves (século XVI).
No exterior tamén podemos parar en cada punto cardinal. A porta Norte foi reformada a fins do século XV tras o ataque do conde de Benavente. A porta Oeste (Praza de San Martiño) é en teoría a principal, pero ata fins do XX carecía de escaleira de acceso. Por iso aínda conserva a fachada orixinaria con engadidos do XVI. Está flanqueada pola torre das campás e a inconclusa torre de San Martiño.
A porta Sur (Praza do Trigo, punto de acceso á catedral) tamén conserva o aspecto orixinal, incluso con elementos defensivos, só roto polo engadido da torre do reloxo (século XVI).
E por último, tamén merece parar no leste para admirar as vistas da ábsida.

Declaración

Ben de Interese Cultural



Camiños de Santiago

Vía da Prata



CATEDRAL - BASÍLICA DE SAN MARTIÑO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos