Varios tramos desta etapa coinciden co antigo Camiño Real a Fisterra. A comarca do Xallas regálanos a beleza das súas paisaxes e a xenuína arquitectura popular.
Etapa Negreira - Olveiroa
Negreira- Zas
Lonxitude 3,4 Km
Dificultade Media-Alta
Duración estimada 40min
Saímos de Negreira cruzando o río Barcala. Ascendemos ata Negreiroa, pequena aldea que foi o núcleo orixinal de Negreira. Varios tramos coinciden co antigo Camiño Real a Fisterra. Próbao a toponimia ao pasar á beira do Camiño Real ou Portocamiño.
Cornovo e ORego de Forxán son os seguintes puntos. O lugar do Cornado é a última poboación do municipio de Negreira, que dá paso ao concello de Mazaricos, xa na comarca do Xallas.