PONTE DE A PONTE OLVEIRA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Olveira (San Martiño)
Lugar: Olveira
15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 57' 45.5" N - 9º 01' 06.5" W
Descrición
Ponte datada nos s.XVII e XVIII, construída con perfectas pezas de cantería de granito, salvando o curso do río por medio de tres arcos de medio punto con 12 metros de luz e uns 7 metros de altura na parte máis elevada.
Posúe catro tallamares triangulares situados a favor e contra corrente. O taboleiro ten un ancho de pouco máis de 5 metros, sendo substituído o orixinal por un formigón para poder asfaltar a estrada.
A presenza, ás beiras do río, de frondosas carballeiras con terreos baldíos e pastos, fan do entorno un lugar de extrema calma.

Acceso
Dende a capital municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 dirección Serra de Outes. Atravesar os pobos de Hospital, O Logoso e Olveiroa ata chegar a A Ponte Olveira, onde se atopa a ponte.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía