Partimos da histórica vila e porto de Ribadeo. De nobre pasado, alzada sobre unha atalaia natural e divisando a ría, conserva un interesante conxunto arquitectónico medieval e moderno. O Camiño continúa por unha vella ruta, quizais romana ou tardorromana, ata o final desta etapa, en Lourenzá.
Ribadeo - Vilanova de Lourenzá
Ribadeo - Vilanova de Lorurenzá (por Trabada)
Ribadeo- Vilela
Lonxitude 6,7 Km
Dificultade Alta
Duración estimada 1h 35min
O primeiro núcleo despois de Ribadeo é Ove. A continuación, o Camiño pasa por Covelas e, tras unha pendente, alcanza Vilela. Lugares, todos eles, nos que se capta facilmente o sabor dunha vida tradicional.
Deixamos atrás Vilela para pasar polos lugares de Celeiros e O Vilar. Chegamos á parroquia de San Pedro de Arante alí atópase a capela da Nosa Señora das Virtudes, do século XV, onde houbo un hospital de peregrinos desde o século XVI.