Camiño do Norte

Etapa: Ribadeo-Vilanova de Lourenzá

  • Lonxitude 28,2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 6h 45min
  • Escoita o percorrido da etapa

Partimos da histórica vila e porto de Ribadeo. De nobre pasado, alzada sobre unha atalaia natural e divisando a ría, conserva un interesante conxunto arquitectónico medieval e moderno. O Camiño continúa por unha vella ruta, quizais romana ou tardorromana, ata o final desta etapa, en Lourenzá.

Ribadeo- Vilela

  • Lonxitude 6,7 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 35min

O primeiro núcleo despois de Ribadeo é Ove. A continuación, o Camiño pasa por Covelas e, tras unha pendente, alcanza Vilela. Lugares, todos eles, nos que se capta facilmente o sabor dunha vida tradicional.

Vilela- A Ponte

  • Lonxitude 8,3 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 2h 00min

Deixamos atrás Vilela para pasar polos lugares de Celeiros e O Vilar. Chegamos á parroquia de San Pedro de Arante alí atópase a capela da Nosa Señora das Virtudes, do século XV, onde houbo un hospital de peregrinos desde o século XVI.

A Ponte- Vilamartín Pequeno

  • Lonxitude 2,2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 30min

O Camiño continúa en ascenso e, a través de sendas forestais, chega ao municipio de Barreiros, famoso polas súas praias de fina e branca area. A primeira parroquia que se alcanza é Vilamartín Pequeno.

A Ponte - Vilamartín Pequeno

Vilamartín Pequeno- Gondán

  • Lonxitude 4,2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 00min

Deixando atrás esta parroquia e a súa igrexa de San Xoán Degolado, pasamos por Vilamartín Grande para chegar a Gondán.

Vilamartín Pequeno - Gondán

Gondán- Lourenzá

  • Lonxitude 6,8 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 40min

Vilanova é capital municipal de Lourenzá, alzada arredor do magnífico mosteiro beneditino, fundado polo conde don Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, no ano 969. Lourenzá é coñecida pola súa faba, produto con Indicación Xeográfica Protexida. O primeiro domingo de outubro celébrase a Festa da Faba de Lourenzá.