FESTA DA FABA DE LOURENZÁ

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Festas de Galicia de interese turístico

Datas de celebración 03/10 - 05/10

Localización

  Lourenzá - Lugo

Coordenadas: 43º 28' 13.9" N - 7º 17' 53.9" W


Descrición

A abundancia de chuvias, as características do solo e as técnicas tradicionais de cultivo conxúranse na Mariña para producir unhas fabas de excepcional calidade que foi recoñecida coa Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
Esta leguminosa cultívase no Val de Lourenzá nas súas variedades locais: Faba Galaica e Faba do Marisco. Comercialízanse secas e separadas da súa vaíña, enteiras e limpas. Desde 1990 a Festa da Faba é un grande encontro de produtores, compradores, tratantes e consumidores e xoga un importante papel na súa promoción.
Os fabeiros sitúan as súas casetas rústicas, de madeira e lona ao ar libre nos arredores do mosteiro de San Salvador, e os artesáns e distintas entidades ocupan a zona do claustro cos seus expositores.
As degustacións gastronómicas son só unha parte do programa da festa, que se nutre de eventos lúdicos e culturais, entre os que cobrou especial relevancia o Concurso de Fotografía, e conta con atraccións destinadas ao público infantil.

Outras características

Gastronómica

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

FESTA DA FABA DE LOURENZÁ

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos