Testemuños
Hai 15 anos fixen todo o Camiño Francés por Galicia dun tirón, en 20 horas.
José Lino (Ferrol)
Comeza o Camiño en Vigo
Vídeo cedido por Miramemira
Fixen todos os Camiños oficiais en Galicia e, fóra, tamén os principais. Todos teñen o seu encanto.
A miña experiencia do Camiño é moi extensa. Fixen todos os Camiños oficiais en Galicia. E, fóra de Galicia, tamén os principais.
Hai 15 anos fixen todo o Camiño Francés por Galicia dun tirón, os 152 quilómetros. En 20 horas menos 5 minutos. Todo dentro do mesmo día. Fíxeno o 23 de xullo do ano 2000.
Teño infinidade de anécdotas. Todos eles teñen o seu encanto. Quizais o Sanabrés (Camiño do Sueste-Vía da Prata) sexa o que máis me gustou.
Estou prexubilado e teño esa facilidade. Gustaríame facelo sempre coa miña muller, pero ela aínda traballa e non podemos facelo xuntos.