Ponte no Camiño Portugués
Camiño Portugués
O culto xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións.
Camiño Portugués:

Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal. O seu trazado herda vías e camiños antigos, como a Via XIX, construída no século I d.C., que unía Braga con Astorga a través de Ponte de Lima, Tui, Pontevedra, Santiago e Lugo, unha das calzadas romanas máis importantes, pois vertebrou a Gallaecia. Unha variante deste Camiño pola costa cruza o río Miño pola Guarda e, sempre pegada ao mar, conflúe coa variante interior en Redondela.
O culto xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións. Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal, a mediados da centuria.
Trazado da ruta e recursos de interese
Desde o século XII, o fluír dos peregrinos cara ao norte da Península Ibérica foi establecendo conexións non só espirituais, senón tamén culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca puideron crebar.
Desde o século XII, o fluír dos peregrinos cara ao norte da Península Ibérica foi establecendo conexións non só espirituais, senón tamén culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca puideron crebar. O exemplo de reis, nobres e altos clérigos contribuíu decisivamente a asentar unha gran devoción xacobea, como a soada peregrinación de dona Isabel de Portugal, a Raíña Santa, no século XIV, que ofrece ante o altar de Santiago a súa coroa e que será enterrada en Coimbra cun bordón de peregrina. Outro exemplo é o do rei portugués Manuel I, que peregrina desde Lisboa a Santiago en 1502, e que ordena como recordo da súa estancia en Compostela que unha lámpada alume día e noite o templo santiagués, para o que asignará unha renda anual.
Foi tal o sinal en terras lusas do fenómeno xacobeo que a propia rede viaria de Portugal se configuraría así, de sur a norte, pasando polos lugares que o Camiño Portugués ía fixando cara a Galicia: Lisboa, Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima e Valença do Minho, onde o itinerario cruza o río Miño e entra en Galicia.
No século XIX, o de menor afluencia das peregrinacións —por mor dos novos tempos marcados pola Revolución Francesa e a invasión de España polas tropas napoleónicas—, o Camiño Portugués converteuse, non obstante, na vía xacobea máis activa. Nesa centuria, máis do 80 % dos peregrinos estranxeiros foron portugueses.
- Camiño Portugués PDF / 1929 KB
- Fisioterapia no camiño PDF / 1323 KB
- Guía de consellos do Camiño de Santiago (en castelán) PDF / 801 KB
- Arquivo KML da ruta KMZ / 88 KB
- Concello de Tui
- Concello do Porriño
- Concello de Mos
- Concello de Redondela
- Concello de Soutomaior
- Concello de Vilaboa
- Concello de Pontevedra
- Concello de Barro
- Concello de Portas
- Concello de Caldas de Reis
- Concello de Valga
- Concello de Pontecesures
- Concello de Padrón
- Concello de Drodro
- Concello de Teo
- Concello de Rois
- Concello de Ames
- Concello de Santiago de Compostela