
Testemuños
Unha prima miña morreu hai un ano e quixen afastarme de todo. O Camiño foi unha bendición para min.

Jae Eun, Kim (Corea do Sur)
Comeza o Camiño en St. Jean Pied de Port
Vídeo cedido por Miramemira
Cada día, cada hora, cada minuto, os amigos que coñecín no Camiño foron coma un regalo.
Unha prima miña morreu hai xusto agora un ano, no día do seu aniversario, que é tamén o meu, o 8 de outubro. Decidín entón afastarme de todo, da familia, dos amigos, non celebrar o aniversario e vir facer o Camiño e estar soa.
Durante o Camiño coñecín numerosas amizades que foron unha bendición para min. Cada día, cada hora, cada minuto, eles foron coma un regalo.
Non celebrei o meu aniversario, pero tiven aquí, no Camiño, unha maior satisfacción con todo o que vivín.