Facer o Camiño, para min, é celebrar a vida. É a miña forza, a miña saúde, o desexo de superar os desafíos.

...

Un bastón acompáñame desde a primeira vez que fixen o Camiño, no ano 2002. Nel están gravadas cousas moi importantes para min.

Un bastón acompáñame desde a primeira vez que fixen o Camiño, no ano 2002. Nel están gravadas cousas moi importantes para min. Digamos que é o meu soporte e o meu amigo. Foi un amparo. Para min e para outros peregrinos aos que llelo prestei cando tiveron dificultades. Dicíanme que tiña que tiralo ao mar ao chegar a Fisterra. Entón cortei un pequeno anaco e tirei esa parte. E gravei nel ‘Fisterra’. Comigo quedará.

Facer o Camiño, para min, é celebrar a vida. É a miña forza, a miña saúde, o desexo de superar os desafíos.

Cada vez que fago o Camiño é pola situación de alguén, de persoas queridas. Esta vez foi polo meu padriño.

Trátase de momentos que vivimos que, por máis palabras que busquemos, son difíciles de transmitir. Situacións de alegría, de compartir. Coma cando cantamos todos xuntos Singing in the rain.

O Camiño fíxome sorrir, superar desafíos e vivir novas experiencias. Cousas novas que superamos cun sorriso na cara.