O Camiño de Santiago demóstrache que o que importa é o agora, é falar, é coñecer outra xente.

...

Gústame moito a bondade da xente. Esa predisposición a axudar. A botar unha man.

Todo comezou coma un proxecto simplemente deportivo no que me propuxen dar a volta a España en bicicleta. En teoría ía ser dunha maneira, e logo todo cambiou.

O Camiño de Santiago demóstrache que o que importa é o agora, é falar, é coñecer outra xente e, sobre todo, sentirte parte dun planeta onde o único que hai son persoas, animais e plantas.

Gústame moito a bondade da xente. Esa predisposición a axudar. A botar unha man. Nas cidades estamos moi encerrados por barreiras. Temos que saber que cousas nos fan sentirnos ben e ser felices. Para min ser feliz é isto, poder facer cousas coma estas, que fan que te realices totalmente.