Sexas cristián, musulmán, creas ou non, sexas o que sexas, vive esta experiencia.

...

O Camiño non remata aquí, na tumba do Apóstolo, senón que o Camiño é eterno... Santiago é o principio.

Foi unha viaxe verdadeiramente excepcional. Por todo. Fixen o Camiño de viaxe de noivos e foi especial. En primeiro lugar, por estar coa persoa coa que acababa de casar.

Falar con, ao mellor, dez persoas de nacionalidades diversas... Recordo a Estéfano de Tedesco, de Alemaña; a Quico e a Ana, italianos; a James, de Zelandia; a Clara, do Canadá... Persoas que quedaron moi dentro do meu corazón.

O Camiño non remata aquí, na tumba do Apóstolo, senón que o Camiño é eterno. E está tamén en todo o Camiño que percorremos. Na Catedral vin o símbolo do alfa e do omega, o principio e o fin, pero isto é precisamente o principio. O Camiño empeza precisamente aquí. Santiago é o principio.

Sexas cristián, musulmán, creas ou non, sexas o que sexas, vive esta experiencia. Non se pode describir cunha palabra. Só vívea.