
Testemuños
O Camiño é falar cos demais, estar cos demais, convivir... e axudar.

Ángel (Barcelona)
Comeza o Camiño en Roncesvalles
Vídeo cedido por Miramemira
Teño xa unha idade, 60 anos, pero estouno a facer bastante ben. Podo con todo.
O Camiño era falar cos demais, estar cos demais, convivir. Mesmo axudar a curar chagas... Nunca vira, nin tocara, o pé, por exemplo, dun australiano. Que ía ver eu....
Quedábache moito tempo para pensar, pensar, pensar..., e para saber máis ou menos como é un. O Camiño axudoume moito a coñecerme.
A partir de Astorga empezaba o reto persoal, porque era un pouco duro. Pero facíalo cunha alegría...! Porque cada vez faltaba menos e ti íaste enriquecendo máis cada día.
A xente axudounos, tirou de nós. Tanto a xente nos albergues coma os paisanos.