Sempre me chamou a atención facer un Camiño que percorreu tanta xente antes ca nós. Con toda esa maxia.

...

Foi moi duro. Estabamos preparadas, porque as dúas facemos sendeirismo, pero 30 ou 40 quilómetros cada día e arrastrar unha mochila de 7 quilos é moito.

Sempre me chamou a atención facer un Camiño que percorreu tanta xente antes ca nós. Con toda esa maxia.

Foi moi duro. Estabamos preparadas porque as dúas facemos sendeirismo, pero 30 ou 40 quilómetros cada día e arrastrar unha mochila de 7 quilos é moito. Costas, mal tempo... Pero logo rematabas cada etapa, duchábaste, durmías e, ao día seguinte, ás seis e media, erguíaste de novo con ganas de volver empezar.

Aínda que o noso obxectivo non era coñecer xente, durante un mes vas atopando as mesmas persoas e empezas a facer grupo e amizades.