O Camiño na actualidade
Un dos símbolos máis internacionais do Camiño de Santiago é a frecha amarela, pintada a brocha en calzadas, casas, valos ou árbores. Ten unha orixe recente, pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, que sinalizou deste xeito, desde Francia ata Santiago, todo o Camiño Francés.
A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago naceu en 1993 e conta hoxe con 70 centros e máis de 3.000 prazas. Toman como modelo a propia rede de hospitais medievais que atendían as necesidades básicas dos peregrinos
O noso Camiño a Santiago ha de comezar coa elaboración dun calendario e coa análise das nosas posibilidades. Axudaranos acudir a unha asociación de amigos do Camiño. Antes de comezar a ruta é primordial unha preparación física axeitada e levar un bo equipamento.
O Camiño de Santiago é unha opción sempre construtiva, onde cada persoa logra, dalgún xeito, resituarse, relativizar e reavaliar a súa propia existencia. Sempre aberto a todas as experiencias, cada un deberá participar de forma discreta e sosegada.
Novos e orixinais paquetes turísticos para vivir dunha forma diferente a experiencia do Camiño: Santiago gastronómico, o Camiño Primitivo en 4x4 ou o Camiño Inglés en veleiro, entre outros. Por outra banda, o Bono Iacobus permite combinar peregrinación e aloxamento en establecementos de turismo rural.
Seleccionamos unha serie de enderezos dixitais, contactos e publicacións que serán útiles na peregrinación, como os portais na Rede da Oficina do Peregrino, a Catedral de Santiago, Turismo de Santiago…, e tamén ligazóns coas asociacións de amigos do Camiño ou con páxinas web de aloxamentos.
Como facer o Camiño
Antes de empezar o Camiño son primordiais unha preparación física axeitada e un bo equipamento
Aconséllase ir en compañía, ter especial coidado co tráfico e gardar as normas de tránsito
Require unha especial planificación. En 2019 houbo 406 peregrinos a cabalo