Mosteiro de San Clodio, na comarca do Ribeiro, Ourense (Camiño do Sueste-Vía da Prata)
Outras alternativas
Paquetes turísticos comerciais
Once plans turísticos organizados, específicos para o Camiño de Santiago, dun total de 61 posibilidades para coñecer e gozar Galicia.
Os paquetes turísticos comerciais suman 11 propostas diferentes activas en 2015, e estas vanse incrementando ano tras ano. 11 paquetes turísticos para gozar, doutra forma, de aspectos moi suxestivos do Camiño de Santiago.
Entre as propostas, figuran o Santiago gastronómico, o Camiño Primitivo en 4x4 ou o Camiño Inglés en veleiro
Actualmente están vixentes:
- De viños pola Vía da Prata
- Santiago gastronómico
- O descanso do peregrino en Compostela
- Camiño Primitivo en 4x4
- Camiño Portugués-La Traslatio
- Camiño Inglés en veleiro e mountainbike
- Camiño Francés a cabalo
- Camiño do Norte en 4x4
- Camiño a Fisterra en Bicicleta
- Fin do Camiño relax
- Camiño Termal
Á parte dos citados, Turismo de Galicia propón moitos planes ou paquetes turísticos organizados.
O Bono Iacobus
É un servizo turístico que permite peregrinar aloxándose cada día nunha casa de turismo rural diferente.
O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago. Permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que desde hai séculos conducen a Santiago de Compostela e aloxarse cada día nunha casa de turismo rural diferente.
Ofrece sete rutas diferentes e pode ser adquirido todo o ano, excepto no mes de agosto e na Semana Santa
O prezo inclúe o aloxamento, as ceas, os almorzos e os traslados en coche desde os establecementos rurais ata o inicio e o final de cada etapa. Tamén é posible contratar como servizos opcionais o pícnic para a comida do día, o traslado da equipaxe e o aloxamento en Santiago de Compostela.
Todas as casas de turismo rural que cooperan no Bono Iacobus ofrecen nos seus excelentes aloxamentos unha acollida familiar e unha gastronomía de calidade e, ademais, atópanse moi próximas aos puntos de chegada de cada etapa.
O Bono Iacobus pode ser adquirido durante todo o ano, agás no mes de agosto e na Semana Santa.
O Bono Iacobus ofrece sete rutas diferentes para gozar do Camiño de Santiago: