Variante Monterrei, etapa Verín - Trasmiras
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Verín - Xinzo de Limia (por Verín)
Pasamos polo val que baña o río Albarellos, decorado na primavera por grandes extensións ámbar de toxos, xestas e mimosas.
Nesta etapa podemos escoller se desexamos seguir ata Xinzo ou tomar a outra variante do camiño por Laza.
Verín- Albarellos
Deixamos atrás Monterrei e na bifurcación do castelo tomamos o camiño da esquerda, entre viñedos, piñeiros e xesta, e continuamos a ruta ata a localidade de Albarellos.
Verín - Albarellos
Albarellos- Rebordondo
Infesta está a uns 4 km, no municipio de Monterrei. Pasamos polo val que baña o río Albarellos, decorado na primavera por grandes extensións ámbar de toxos, xestas e mimosas. Seguimos ata Rebordondo, coa súa arquitectura tradicional, de casas grandes e de cantería, e Pena Verde, outra xenuína aldea. Agora a paisaxe debúxase en cinco outeiros cónicos que se alzan por encima dos 800 m.
Albarellos - Rebordondo
Rebordondo- Trasmiras
O alto das Estibadas (849 m) espéranos a continuación. Máis adiante, Viladerrei e Trasmiras (capital municipal). A arquitectura popular máis xenuína segue definindo estes tramos do camiño. As vilas, de chaira, resistiron abertas aos ventos e ao rigor do sol que cae con dureza no estío. Ás veces, parece máis unha paisaxe castelá ca unha terra galaica.
Rebordondo - Trasmiras
Trasmiras- Boado
Os lugares de Zos e Boado preceden a Xinzo de Limia, que será o noso final de traxecto.
Trasmiras - Boado
Boado- Xinzo de Limia
Xinzo é o corazón da gran comarca da Limia. Alí pódese visitar a igrexa de Santa Mariña de Xinzo. O lugar tivo a maior lagoa de auga doce de España (desecada nos anos sesenta), a lagoa de Antela.
 
  
                                     
                                     
                                     
                                     
                                    