Praza Maior de Ourense
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
A Vía da Prata une o espírito sureño das terras andaluzas e estremeñas coa Fisterra galaica.
Por Laza:
Por Verín:
Por Feces:

Prolonga a calzada romana denominada Vía da Prata que unía Emerita Augusta (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga). A vía trazouse a comezos do cristianismo aproveitando camiños máis antigos. Entra en Galicia pola Mezquita e é o camiño xacobeo galego de maior percorrido. O termo “Vía da Prata” non ten que ver coa explotación ou co comercio deste metal precioso, senón que procede do árabe Bal’latta, que é a palabra coa que os musulmáns designaron aquela ampla vía pública empedrada e de sólido trazado pola que se encamiñaban ao norte cristián. Con todo, esta vía si se chegou a empregar para o comercio de prata americana chegada aos peiraos de Sevilla.
Por esta ruta avanzou Almanzor coa súa infantería contra Santiago en agosto de 997. E por ela, ao parecer, regresaron séculos máis tarde, de Córdoba a Compostela, as campás da Catedral que el levou naquela ocasión, devoltas tras a conquista de Córdoba en 1236. Tamén desde Portugal varios camiños penetraron historicamente na provincia de Ourense uníndose logo aos que aquí describimos.
Trazado da ruta e recursos de interese
A Vía da Prata percorre por Galicia un patrimonio natural e etnográfico de excepción —a provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla— que lle ofrece ao camiñante unha chea de atractivos.
Na segunda metade do século XIII, despois da toma de Sevilla e de Córdoba aos árabes, este itinerario comeza a ser utilizado polos peregrinos de Andalucía e Estremadura. Uns seguían ata Astorga, e enlazaban aquí co Camiño Francés. Outros tomaban a desviación de Puebla de Sanabria-A Gudiña e desde aquí, ben por Laza ou ben a través de Verín, ata Ourense e Santiago. E unha terceira posibilidade levaba os peregrinos polo nordés de Portugal cara a Verín.
Entre os peregrinos máis famosos que seguiron a Vía da Prata destacan don Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, que foi a Santiago en cumprimento dunha promesa, e santo Toribio de Mongrovejo, licenciado en Canons pola Universidade de Santiago en 1568, futuro arcebispo de Lima e canonizado en 1726.
A Vía da Prata percorre por Galicia un patrimonio natural e etnográfico de excepción —a provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla— que lle ofrece ao camiñante unha chea de atractivos.
Finalmente, desde Portugal, foron varios os camiños do interior cara a Santiago que penetraban na provincia de Ourense, como o que desde Chaves chega a Verín a través de Feces de Abaixo.
- Guía de consellos do Camiño de Santiago (en castelán) PDF / 801 KB
- Fisioterapia no Camiño PDF / 1323 KB
- Arquivo KML da ruta KMZ / 113 KB
- Itinerario Ecuestre PDF / 74 KB
- Concello da Mezquita
- Concello da Gudiña
- Concello de Villariño de Conso
- Concello de Castrelo do Val
- Concello de Oímbra
- Concello de Laza
- Concello de Sarreaus
- Concello de Vilar de Barrio
- Concello de Xunqueira de Ambía
- Concello de Baños de Molgas
- Concello de Paderne de Allariz
- Concello de Ourense
- Concello de Verín
- Concello de Monterrei
- Concello de Riós
- Concello de Vilardevós
- Concello de Cualedro
- Concello de Trasmiras
- Concello de Xinzo de Limia
- Concello de Sandiás
- Concello de Allariz
- Concello de San Cibrao das Viñas
- Concello de Taboadela
- Concello de Coles
- Concello de Vilamarín
- Concello de Amoeiro
- Concello de San Cristovo de Cea
- Concello de Piñor
- Concello de Dozón
- Concello de Lalín
- Concello de Silleda
- Concello da Estrada
- Concello de Vedra
- Concello de Boqueixón
- Concello de Santiago de Compostela