Vilamartín de Valdeorras
Camiño de Inverno
- As Médulas
- Puente de Domingo Flórez
- Sobradelo
- O Barco de Valdeorras
- Vilamartín de Valdeorras
- A Rúa
- Os Albaredos
- Montefurado
- Bendilló
- O Soldón
- Quiroga
- Nocedo
- Carballo de Lor
- Castroncelos
- A Pobra do Brollón
- Reigada
- Monforte de Lemos
- Moreda
- O Reguengo
- A Barxa
- Belesar
- Chantada
- Centulle
- A Nosa Señora do Faro
- Río
- Rodeiro
- Penerbosa
- Ponte Pedroso
- Palmaz
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: O Barco de Valdeorras-A Rúa
Seguimos camiño entre a vía férrea e o maxestoso río Sil en dirección á Rúa, e continuaremos por extensas rectas que circundan o encoro de Valencia. A comarca de Valdeorras é coñecida polas súas adegas, escavadas moitas delas en covas de orixe romana.
O Barco de Valdeorras- Vilamartín de Valdeorras
Saímos do Barco pola antiga estrada en dirección á Pobra, entre a N-120 e o río Sil. Logo continuamos cara a Arcos. Debemos cruzar a vía do ferrocarril por un paso elevado e entramos xa en Vilamartín de Valdeorras. Aquí atravesamos a antiga ponte da Rodeleira, sobre un arroio semioculto. Seguindo o curso do río, continuamos polo dique de Vilamartín.
Esta vila, situada no val central da comarca de Valdeorras, conta con numerosas covas escavadas nas súas ladeiras e sobre as que se levantaron as casas. Moitas son restos de escavacións romanas de extracción de ouro que hoxe se converteron en adegas. A comezos de agosto, Vilamartín de Valdeorras celebra a Festa das Covas, con visitas guiadas, música e degustación de diversos produtos.
O Barco de Valdeorras - Vilamartín de Valdeorras
Vilamartín de Valdeorras- A Rúa
Seguimos camiño entre a vía férrea e o río cara á Rúa, a través de longas rectas que pasan polo encoro de Valencia, sobre o río Sil. Tras un pequeno treito alcánzase a antiga estrada N-536. Desde aquí contemplamos unha fermosa panorámica do val desta comarca valdeorresa, e as primeiras vistas da próxima vila, A Rúa. Entramos nela polo barrio de San Roque, cunha bonita ermida á nosa esquerda, ata internarnos no barrio vello. Á beira do Sil agárdanos ademais o relax do seu dique.