Camiño de Inverno

Etapa: As Médulas-O Barco de Valdeorras

  • Lonxitude 26,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 40min
  • Escoita o percorrido da etapa

A nosa ruta comeza nunha paisaxe de espectaculares formas e cores, as Médulas, que fan fronteira con Galicia. Seguimos o río Sil e podemos atravesar a serra da Lastra, un aciñeiral único declarado Parque Natural. Será unha etapa de 26 km ata O Barco de Valdeorras.

 

Las Médulas- Puente de Domingo Flórez

  • Lonxitude 9,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 15min

A nosa ruta comeza nunha paisaxe de espectaculares formas e cores: Las Médulas, restos dunha grande explotación de ouro dos romanos, declaradas hoxe Patrimonio da Humanidade. Atopámonos na comarca do Bierzo (León), fronteira con Galicia pola provincia de Ourense. Continuamos polo coñecido como Camiño Real cara a Puente de Domingo Flórez, aínda na provincia de León.

Las Médulas - Puente de Domingo Flórez

Puente de Domingo Flórez- Sobradelo

  • Lonxitude 9,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 25min

O suave ascenso ata o alto de Pedrices brindaranos unha magnífica panorámica da contorna das Médulas, que deixamos atrás. A chegada a esta última vila leonesa culmina cunha baixada pronunciada, de atractivas paisaxes e agradable soidade. Entramos ao núcleo pola rúa Real e dirixímonos á praza central. das Á saída de Puente de Domingo Flórez cruzaremos o río Sil en dirección a Quereño. Atravesamos esta vila e seguimos cara a Galicia pola marxe dereita do río Sil, un tramo que nos levará por Pumares —xa no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras— e Sobradelo.

Puente de Domingo Flórez - Sobradelo

Sobradelo- O Barco de Valdeorras

  • Lonxitude 7,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 00min

A continuación, pasaremos por Éntoma, coa súa ponte romana e, finalmente, polo Barco de Valdeorras. A ponte romana de Éntoma é un dos fitos monumentais desta ruta; ten un só arco, construído con laxes de lousa.

Unha alternativa a esta ruta —serán 14 quilómetros máis— lévanos a desviarnos en Quereño á dereita e atravesar a serra da Lastra (Rubiá), un magnífico e atípico aciñeiral de características mediterráneas que foi declarado Parque Natural no ano 2002.

Ambas as posibilidades xuntaranse no Barco de Valdeorras.

Sobradelo - O Barco de Valdeorras