Monte Faro
Camiño de Inverno
- Las Médulas
- Puente de Domingo Flórez
- Sobradelo
- O Barco de Valdeorras
- Vilamartín de Valdeorras
- A Rúa
- Os Albaredos
- Montefurado
- Bendilló
- O Soldón
- Quiroga
- Nocedo
- O Carballo de Lor
- Castroncelos)
- A Pobra do Brollón
- Reigada
- Monforte de Lemos
- Moreda
- O Reguengo
- A Barxa
- Belesar
- Chantada
- Centulle
- Nosa Señora do Faro
- Río
- Rodeiro
- Penerbosa
- Ponte Pedroso
- Palmaz
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Chantada-Rodeiro
Fermosos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros.
Chantada- Centulle
Saímos de Chantada desde a praza de Santa Ana, subimos pola rúa Uxío Novoneyra e seguimos a estrada LU-P-180. Belos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros. Cruzamos A Lucenza, e logo Vilaseco e Penasillás. Ante nós, o cume do monte Faro.
Chantada - Centulle
Centulle- Nosa Señora do Faro
Na subida ao monte (4,8 km de duro ascenso desde Penasillás) pasamos por Chao de Seixas. Un desvío á esquerda lévanos —a través dun via crucis que se coñece como “Camiño da Virxe”— á célebre ermida da Nosa Señora do Faro. Estamos a máis de 1.100 m de altitude. A vista desde aquí é única, pois abrangue paisaxes das catro provincias galegas.
Se queremos evitar a ascensión ao monte Faro, ao chegar a Penasillás temos unha alternativa que pasa por Mouricios e San Vicente. É un camiño máis curto e en inverno evitaremos a neve.
Centulle - A Nosa Señora do Faro
Nosa Señora do Faro- Río
Retomamos o Camiño, agora xa en descenso cara á Casa Grande de Camba. Logo continuamos polo val da Ermida ata Río. A compañía do bosque autóctono máis típico de Galicia —carballos, castiñeiros e salgueiros— enriquece o noso peregrinar.
A Nosa Señora do Faro - Río
Río- Rodeiro
Seguimos ata Mouriz, por sendas de pedras, e pronto culminamos esta etapa en Rodeiro, onde nos atopamos coa Casa Consistorial, que foi levantada sobre as ruínas dunha fortaleza. Fronte a ela, unha bela e refrescante fonte de pedra e catro canos.