Vilanova de Lourenzá - Mondoñedo
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Mondoñedo-Abadín
Os nosos pasos, primeiro en costa pronunciada e logo xa en descenso, seguen unha antiga senda medieval que cruza o fermoso val de Lourenzá e pasa por Mondoñedo, un dos núcleos históricos máis singulares de Galicia.
Mondoñedo- Abadín
Mondoñedo, declarada conxunto histórico-artístico, é unha das sés episcopais galegas de maior tradición cultural e un dos núcleos históricos máis singulares de Galicia. Foi capital de provincia ata 1833. É tamén a cidade natal de escritores como Álvaro Cunqueiro ou músicos como Pascual Veiga (autor do himno galego). A súa magna catedral merece unha visita polo miúdo, e tamén é coñecida pola súa torta de améndoa e cabelo de anxo. Saímos de Mondoñedo pola rúa José María Pardo pola alameda dos Remedios. Continuamos pola LU-3106 e atravesamos Cesuras, o monte do Pico e o monte de Santa Cruz, ata chegar a Abadín.
Existe un tramo complementario desde Mondoñedo que nos leva directamente ata Abadín (17,20 km). Saímos de Mondoñedo pola Fonte Vella, cara ao sur. Pasaremos a carón de Lousada. Logo de ir pola contorna de Lousada (onde se poden visitar os seus antigos fornos de cal), atravesamos A Xesta e despois Gontán. Baña o frondoso val o río Valiñadares. En Gontán –antes do núcleo de Abadín– atópase o albergue. Abadín é capital de municipio e comezo da comarca coñecida como A Terra Chá.