Na nosa mochila levaremos o básico e imprescindible, pero sen sobrecargala
Que non podes deixar na casa
Cousas que vas necesitar e que poida que non atopes no Camiño
Na nosa mochila levaremos o básico e imprescindible, pero sen sobrecargala:
- Alpargatas, chancletas ou zapatillas deportivas para os momentos de descanso
- Botas
- Roupa interior e calcetíns de algodón sen costuras e de la
- Un par de pantalóns
- Un par de camisetas
- Un par de suadoiros ou xerseis
- Chapeu, viseira ou gorra
- Saco de durmir
- Papel hixiénico e panos de papel
- Cantimplora
- Crema con protección solar alta
- Unha pequena caixa de primeiros auxilios que inclúa o básico: apósitos, apósitos de xelatina, pinzas, agullas hipodérmicas, mercurocromo ou similar, analxésicos e antiinflamatorios
- É importante levar a nosa documentación e tarxetas de crédito, xa que non é conveniente levar moito diñeiro en metálico
- Teléfono móbil e cargador
- Cuncha de peregrino
Como elementos opcionais, que poden ser prácticos, podemos levar os seguintes:
Un saco de durmir, calzado para o descanso, unha cantimplora, crema con protección solar alta, unha pequena caixa de primeiros auxilios, un móbil con cargador e documentación son algúns dos elementos básicos que debemos levar no Camiño
- Tapóns para os oídos
- Lanterna
- Traxe de baño
- Pano da cabeza
- Enxoval de cociña básico
- Deterxente
- Chisqueiro
Equipamento persoal recomendado
Pouca roupa e adaptada á estación do noso camiñar, con tecidos illantes, gorros durante todo o ano (ben para o sol, ben para o frío) e un bordón.
A roupa debe adaptarse ás condicións climatolóxicas da época que se escollese para facer o Camiño e ás distintas zonas xeográficas polas que se vai discorrer. Un factor importante que convén ter en conta é que moitas etapas serán en zonas de montaña, a unha altitude aproximada de mil metros sobre o nivel do mar.
Non debemos levar unha gran cantidade de capas de roupa, o importante é que se trate de tecidos illantes dos cambios térmicos do exterior
Non se debe levar unha gran cantidade de capas de roupa, o importante é que sexan tecidos illantes dos cambios térmicos do exterior, capaces de manteren unha fina capa de aire quente entre a roupa e a pel, para que non se produzan perdas de calor. No verán ha de optarse por pezas que faciliten a transpiración e, sexa cal sexa a época do ano na que se faga o Camiño, débese incorporar algunha peza impermeable.
Dado que na maior parte das etapas se estará exposto á luz solar directa, será necesario levar gorros, chapeus ou viseiras que eviten insolacións, hipertermias, etc. No inverno, un gorro protexeranos do frío nas zonas especialmente altas.
Un elemento auxiliar que constitúe unha grande axuda, sobre todo en terreos pedregosos, é o bordón, un elemento que ademais caracteriza o peregrino.