Variante Monterrei, etapa Xinzo de Limia - Allariz
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: Xinzo de Limia - Allariz (por Verín)
A ruta segue ata a localidade de Piñeira de Arcos, antes de cruzar o val que comunica con Allariz, unha das poboacións máis fermosas e mellor conservadas de Galicia.
Xinzo de Limia- Sandiás
Continuamos ata Vilariño das Poldras, Couso de Limia e Sandiás, pola extensa zona de concentración parcelaria no que foi a lagoa de Antela. Terra de pazos, de torres de antigos castelos que asoman no horizonte —seguimos nunha gran chaira, a única de certa amplitude de toda Galicia, xunto coa Terra Chá lucense— e de antigas calzadas; por Sandiás puido cruzar a Via Nova romana ou Via XVIII, que comunicaba Chaves (Portugal) con Lugo, a través de Ourense.
Sandiás é capital de municipio. Quizais aquí se situou a antiga mansión romana Geminis da Via Nova. As planicies que a rodean foron escenario de importantes loitas de nobres e irmandiños e tamén foi territorio en disputa con Portugal, que o invadiu en varias ocasións.
Xinzo de Limia - Sandiás
Sandiás- Allariz
A ruta segue ata a localidade de Piñeira de Arcos, antes de cruzar o val que comunica con Allariz. Neste municipio, o peregrino pasa por Coedo, Outeiro de Torneiros, Paradiñas e Torneiros, antes de chegar á aldea de San Salvador de Penedos, situada nunha contorna de gran beleza natural.
Segue despois ata a vila de Allariz, unha das poboacións máis belas e mellor conservadas de Galicia.