Camiño de Inverno

Etapa: Rodeiro-Bendoiro

  • Lonxitude 27,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 55min
  • Escoita o percorrido da etapa

Pasamos por A Ponte do Hospital (topónimo que nos lembra a histórica presenza dun hospital de peregrinos) sobre o río Arnego, que cruzaremos varias veces. Máis adiante, xunto ao río Pontiñas, o Camiño de Inverno conflúe coa Vía da Prata.

Rodeiro- Penerbosa

  • Lonxitude 4,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 10min

Desde Rodeiro continuamos pola C-533 en dirección a Lalín. Pasamos pola Ponte do Hospital (topónimo que nos lembra a histórica presenza dun hospital de peregrinos) sobre o río Arnego, que cruzaremos varias veces ata chegar a Penerbosa.

Penerbosa- Ponte Pedroso

  • Lonxitude 6,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

Puza e A Penela son os núcleos seguintes. Terras de bos canteiros e carne excelente. Atravesamos a ponte medieval de Pedroso.

Penerbosa - Ponte Pedroso

Ponte Pedroso- Palmaz

  • Lonxitude 7,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 55min

A continuación atoparemos o núcleo da Ponte, antigo lugar de hospedaxe, por iso é coñecido tamén como Mesón. Moitos baixos das súas vivendas aínda conservan as soleiras que servían de mostrador para atender os viaxeiros.

Pasamos por Val do Boi, Coto da Anta —xa no límite co concello de Lalín— e ascendemos ao Coto da Mamuela —en referencia a un campo de mámoas—. Á dereita álzase o monte Farelo e detrás de nós destaca O Faro. Entre castiñeiros atopamos o regato denominado Rego do Barranco. Chegamos ao núcleo de Palmaz.

Palmaz- Bendoiro

  • Lonxitude 9,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 15min

Cruzamos o núcleo de Palmaz e pronto entramos en Lalín dirección Fontecova ou hacia "rúa do Cruceiro", opción sinalizada polo Concello de Lalín.

A vila mostra con orgullo a súa condición de ser o quilómetro 0 de Galicia, o centro xeográfico do país, e alí celébrase cada ano a famosísima Feira do Cocido de Lalín.

Saímos xunto ao río Pontiñas, entre carballeiras paralelas á estrada nacional 525, e continuamos ata desembocar na Laxe, parroquia de Bendoiro, onde o Camiño de Inverno conflúe coa Vía da Prata.