Camiño do Norte

Etapa: Sobrado-Arzúa

  • Lonxitude 22,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 30min
  • Escoita o percorrido da etapa

Unha vez máis, a ruta sedúcenos pola riqueza da xenuína e frondosa paisaxe galega e as valiosas mostras de arquitectura popular. En Arzúa, o Camiño do Norte enlaza co Camiño Francés.

 

Sobrado dos Monxes- As Corredoiras

  • Lonxitude 8,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 10min

Deixamos atrás a grandiosidade do mosteiro de Sobrado e continuamos ruta ata as localidades de Vilarchao, O Peroxil e Carelle, e finalmente alcanzamos o lugar das Corredoiras.

 

 

Sobrado dos Monxes - As Corredoiras

As Corredoiras- Sendelle

  • Lonxitude 6,3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

Tras superar un cruzamento de camiños, dirixímonos cara ao municipio de Boimorto. Aquí, unha vez máis, a ruta sedúcenos pola riqueza da xenuína e frondosa paisaxe galega e as valiosas mostras de arquitectura popular. Desde Boimorto, o Camiño continúa cara a Sendelle, onde se atopa unha igrexa románica do século XII.

 

 

As Corredoiras - Sendelle

Sendelle- Arzúa

  • Lonxitude 7 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 45min

Tras deixar Sendelle e pasar polo lugar de Vilar, a ruta chega a Arzúa, onde conflúen o Camiño do Norte e o Francés. Tamén pasa o Camiño Primitivo, que se unira xa en Melide ao itinerario Francés. As tres rutas xuntas enfía a meta común, Compostela.

En Arzúa —localidade famosa, desde o punto de vista gastronómico, polos queixos da comarca, pertencentes á Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa—, o Camiño faise urbano. Consérvanse fontes documentais do século XIII que se refiren a este tramo local como Camiño de Oviedo, e de feito hoxe esta rúa recibe o nome de rúa do Camiño. Arzúa creceu como vila ao amparo do fenómeno xacobeo, e na actualidade é un importante núcleo comarcal, cunha economía baseada na agricultura e na gandería vacúa.