Camiño do Norte

Etapa: Baamonde-Sobrado

  • Lonxitude 40,2 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 7h 25min
  • Escoita o percorrido da etapa

Preparémonos para unha etapa especialmente longa, de 40 km. Sáennos ao paso fortalezas como a poderosa San Paio de Narla, e pequenas e xenuínas aldeas, ata culminar no espectacular mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Ademais da ruta que se describe deseguido, desde Baamonde pódese tomar tamén un camiño complementario, máis curto (uns 8 km menos) e cara ao norte, que nos levará en liña recta ata Sobrado. Máis adiante, en Boimil, conflúe co primeiro itinerario, pero volve logo a separarse del, sen pasar por Arzúa. Atravesa Santiso e, nas inmediacións do aeroporto de Santiago, coincide xa co Camiño Francés ata Santiago.

Baamonde- Digañe

  • Lonxitude 7,7 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 25min

Saímos de Baamonde e camiñamos capela de Santo Alberte. Aquí celébrase, cada mes de maio, unha concorrida romaría. San Breixo e Santa Locaia de Parga despiden o municipio de Guitiriz. Avanzamos ata o lugar de Digañe.

Digañe- Miraz

  • Lonxitude 7,2 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 20min

Continuamos por San Paio de Seixón, xa no municipio de Friol (seguimos na provincia de Lugo), logo por Ponte Leixosa e chegamos a Santiago de Miraz. Lixeiramente desviada do Camiño, pero nesta mesma parroquia, levántase a poderosa fortaleza de San Paio de Narla, que hoxe alberga a Sección de Etnografía do Museo Provincial de Lugo.

 

 

 

Miraz- A Roxica

  • Lonxitude 10 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 50min

En Miraz pódese visitar a igrexa de Santiago. O camiño continúa pola Braña, Portolamas, A Devesa e As Fontes, en San Mamede de Nodar. A aldea seguinte é A Roxica

 

 

A Roxica- O Marco das Pías

  • Lonxitude 6,7 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 15min

O Camiño continúa por pequenas aldeas, coma Mantelle, A Cabana, Ledro, A Travesa de Ledro, Pedramaior… No Marco das Pías abandonamos a provincia de Lugo para entrar na da Coruña

 

 

A Roxica - O Marco das Pías

O Marco das Pías- Guitizá

  • Lonxitude 6,5 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 10min

No Marco das Pías termina o municipio de Friol e comeza o de Sobrado. O camiño pasa polos lugares de Vilariño, O Mesón, A Esgueva, Muradelo, Nogueira e, finalmente, a Guitizá, onde se atopa a lagoa artificial de Sobrado.

 

 

 

O Marco das Pías - Guitiza

Guitizá- Sobrado dos Monxes

  • Lonxitude 2,1 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 25min

Continuamos camiño desde Guitizá e chegamos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado, en Sobrado dos Monxes. Espectacular monumento de estilos renacentista e barroco, con estancias medievais como a cociña, a sala capitular e a capela de San Xoán. Fundado en 952 como mosteiro dúplice ou mixto (é dicir, para mulleres e homes), foi un dos grandes centros de poder de Galicia.

En pleno apoxeo das peregrinacións, a mediados do século XII, o mosteiro integrouse na hospitalaria Orde do Císter. Foi o primeiro de España en pertencer a ela. Na actualidade, desenvolve unha importante actividade relixiosa e social, cun especial mimo aos peregrinos.

 

Guitiza - Sobrado dos Monxes