Carga de puntos de interese en Navman GPS
1. Navman GPS e Smart ST
A incorporación de puntos de interese no GPS Navman realizase a partir de un software, este pode ser o oficial, Smart ST, ou ben unha aplicación de transformación de formatos como é o caso do GPSBabel.
O Smart ST é un software que se obtén ó mercar un GPS Navman. Este software pode actualizarse a través da páxina web de Navman.
http://www.navman.com/in-car/europe/Espana/
Sistemas operativos necesarios: Microsoft Windows XP, Microsoft Windows 2000, Microsoft Windows Millennium Edition, Microsoft Windows 98 SE

2. Utilización de Smart ST Desktop
Na web www.turismo.gal hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato Navman CSV. A incorporación dos puntos de interese nos dispositivos GPS Navman realizarase mediante a aplicación Smart ST, seguindo o proceso descrito a continuación
2.1. Carga de puntos de interese
O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as seguintes instrucións:
1. Despois de instalado o Smart St Desktop no ordenador executarase a aplicación para importar os arquivos de puntos descargados e almacenados previamente
2. Antes de nada será necesaria a conexión do GPS ó computador por medio dun cable USB. Producirase unha sincronización. Unha vez sincronizado o GPS seleccionarase “mapa” opción “puntos de interese” e abrirase o editor de puntos de interese Smart ST.
3. Seleccionarase a opción abrir arquivo de texto ou haberá que facer clic na icona que aparece na barra (
). Navegarase polo directorio ata atopar onde están almacenados os arquivos .csv dos POI

4. Do listado que aparece deberán seleccionarse os arquivo que interesan (arquivos csv).

5. Seleccionada a opción arquivo, este deberá gardarse no dispositivo facendo clic na icona que semella unha PDA(
)

6. Na pantalla anterior pódese indicar si se desexa que o punto de interese estea activo e o tipo de aviso. Permite seleccionar o nivel de visibilidade de iconas e indicar estas. Isto poderá facerse clicando no botón que ten tres puntos e se busca o arquivo coa extensión .bmp.
7. Unha vez aceptado o cadro de diálogo deberase incorporar o nome con que o arquivo será gardado no dispositivo


8. Unha vez gardados os novos POI, a aplicación poderá pecharse e retirar o GPS conectado o computador por medio dun cable USB.
2.2. Visualizar os puntos de interese
Despois de cargados os puntos de interese, estes poderán visualizarse no dispositivo Navman GPS de maneira rápida e sinxela
3. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel
3.1 Carga de puntos de interese
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.