Vía da Prata ou Camiño Mozárabe

Etapa: A Canda - A Gudiña

  • Lonxitude 26,9 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 5h 15min
  • Escoita o percorrido da etapa

A Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda, no municipio da Mezquita.

A Canda- A Vilavella

  • Lonxitude 13,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 2h 40min

Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda (1.262 m), no municipio da Mezquita. Este concello é un histórico nexo entre as xentes de Castela, Galicia e Portugal. Terra de paso de peregrinos, pero tamén de segadores, e de arrieiros, tratantes e viaxeiros chegados aquí polos máis diversos motivos.

O Camiño continúa ata o lugar da Canda e chega despois á Vilavella, cuxa igrexa está dedicada a santa María da Cabeza.

A Vilavella- O Pereiro

  • Lonxitude 3,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 40min

No descenso pasaremos por unha ponte sobre o regato da Veiga do Pontón, e por vellos camiños empedrados, acubillados por centenarios valados ou muros de pedra. Chegaremos ata O Pereiro, topónimo que lles dá nome a un río e a unha localidade.

Estamos en zona de grandes canteiros, arte expresada na xenuína arquitectura popular e relixiosa. Máis adiante entramos no Canizo, parroquia do concello da Gudiña, que atravesamos para saírmos ata a N-525 e chegar ao alto do Canizo (1.067 m).

A Vilavella - O Pereiro

O Pereiro- A Gudiña

  • Lonxitude 9,5 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 55min

Continuamos ata a vila da Gudiña, famosa por ser un lugar de moito tránsito e por ter bos mesóns para peregrinos e viaxeiros desde o século XVIII. Na Gudiña pararon, un afastado día 15 de xullo de 1506, a raíña dona Xoana a Tola e o seu esposo Filipe o Fermoso.