Paradavella - O Cádavo
Camiño Primitivo
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- San Xoán do Padrón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- A Proba de Burón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Paradavella-Castroverde
Nesta etapa os tramos de bosque frondoso combínanse con outros menos recollidos. Tamén cómpre salientar o patrimonio artístico: o retablo barroco da igrexa Santa María de Vilabade, a torre medieval de Castroverde, etc. Hai dous tramos complementarios, un entra en Villalle e outro chega a Castroverde pasando por Vilabade (0,470 km e 5,29 km, respectivamente).
Paradavella- A Degolada
Desde Paradavella continuamos cara ao Cádavo. Os tramos de bosque frondoso combínanse con outros menos recollidos, ao pé da estrada comarcal C-630. Pasamos polo núcleo da Calzada e, xa no municipio de Baleira, pola Degolada.
Paradavella - A Degolada
A Degolada- A Lastra
Chegamos á localidade do Cádavo (710 m), capital do municipio de Baleira e segunda poboación relevante, despois da Fonsagrada, no Camiño Primitivo galego. A ruta continúa en subida ata A Lastra.
A Degolada - A Lastra
A Lastra- A Fontaneira
Ascendemos ao alto da Vaqueriza (840 m); A Fontaneira é o seguinte destino. No próximo Campo da Matanza consérvase unha vella tradición que asegura que o rei Afonso II se enfrontou aquí a un exército islámico.
A Lastra - A Fontaneira
A Fontaneira- O Cádavo
Deixamos atrás A Fontaneira para achegarnos ao Cádavo, onde se atopa un albergue.
A Fontaneira - O Cádavo
O Cádavo- Vilalle
Antes de chegar a Castroverde pasaremos pola aldea de Vilalle. Nas inmediacións, Vilabade (camiño complementario) onde houbo un convento franciscano. Del queda o templo, construído a mediados do século XV, nunha fermosa praza na que tamén se atopa o pazo de Abraira-Arana. Na igrexa de Santa María de Vilabade (declarada Monumento Nacional) destaca o retablo, obra barroca de 1759, do compostelán Francisco Lens.
O Cádavo - Vilalle
Vilalle- Castroverde
Castroverde é o final de etapa (540 m), e é a capital do municipio do mesmo nome. No alto da vila, resiste altiva a torre da homenaxe do seu vello castelo, recordo do dominio das casas de Lemos e Altamira.